«Igual non coñeces ao amor da túa vida… pero namoraraste do Xeoparque». Desta maneira, a empresa Barvantia invita a solteiros e solteiras de toda Galicia -e mesmo España- para gozar durante tres días -o 17, 18 e 19 de xullo-, do Xeoparque Montañas do Courel en Quiroga.
A empresa aclara que non busca un perfil concreto (nin idade, orientación ou sexo), senón que segundo as solicitudes que cheguen, crearán un grupo para atopar persoas que encaixen entre sí e poidan desta maneira ter a oportunidad de atopar o amor. Da mesma maneira, as habitacións serán compartidas e creadas segundo estes criterios, salvo que a persoa quera unha habitación inidivual pola que deberá pagar 100 euros sobre os 290 euros que costa o encontro.
Entre as actividades que se realizarán, os solteiros e solteiras elixidos poderán desfrutar dunha cata de viño, de rutas polo parque, da Cascada de Vieiros, dunha ruta guiada polo río Sil, así como de moita música, festa e, como eles din dos «chupitos de amor».
De maneira que, se estás solteiro, queres coñecer xente nova e ademais deixarte sorprender pola paisaxe natural da provincia de Lugo, esta é a túa experiencia.

