Xa está lista en Vilalba a nova travesía da Ferrería

A actuación de renovación e humanización serviu para transformar a antiga calzada nun espazo de plataforma única de preferencia peonil
FERRERÍA 2

Os veciños e veciñas do Concello de Vilalba xa teñen á súa disposición a nova travesía da Ferrería, que comunica e fai de eixe entre a rúa das Pedreiras e a rúa da Ferrería.É un punto importante no casco urbano de Vilalba, xa que na rúa das Pedreiras hai equipamentos como o auditorio municipal, e a rúa da Ferrería ten abundante tráfico pola cercanía do acceso á autovía A-8.

A actuación de renovación e humanización serviu para transformar a antiga calzada nun espazo de plataforma única de preferencia peonil -só terán acceso os vehículos dos residentes-, utilizando un adoquín anti-deslizante e un pavimento innovador, xa que reduce a contaminación ambiental mediante un axente descontaminante por fotocatálise. Baixo os efectos da luz do sol provoca unha descomposición dos óxidos contaminantes en subprodutos que se evacúan a través das augas pluviais.A travesía terá unha zona verde e, aproveitando os quiebros da rúa, habilitáronse nas zonas máis abertas espazos de descanso. Á marxe das obras de pavimentación, executáronse na travesía da Ferrería novas instalacións de saneamento, alumeado con tecnoloxía LED, abastecemento, gas natural e telecomunicacións.“Damos con esta actuación un paso máis no proceso de renovación e humanización de varias rúas e prazas do casco urbano, cun novo concepto de entender o urbanismo, cunha plataforma única e dándolle máis protagonismo aos peóns”, asegura o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández. “É de novo un proxecto feito baixo criterios de sustentablidade, calidade urbana, accesibilidade, seguranza e mellora ambiental, adoitando os últimos estándares europeos para os novos espazos urbanos”, engade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.