Eu lin a carta de Pedro Sánchez

Spain's caretaker Prime Minister Pedro Sanchez delivers a speech during a parliamentary debate at the Spanish parliament in Madrid, Saturday, Jan. 4, 2020. Spain's interim Prime Minister Pedro Sánchez faces a parliamentary debate Saturday ahead of his attempt to form a coalition government for the eurozone's fourth-largest economy. (AP Photo/Andrea Comas)
Spain's caretaker Prime Minister Pedro Sanchez delivers a speech during a parliamentary debate at the Spanish parliament in Madrid, Saturday, Jan. 4, 2020. Spain's interim Prime Minister Pedro Sánchez faces a parliamentary debate Saturday ahead of his attempt to form a coalition government for the eurozone's fourth-largest economy. (AP Photo/Andrea Comas)

Lin a carta de Pedro Sánchez completa. E lina, con moita atención, por varios motivos: porque Pedro Sánchez é o presidente do goberno e como tal merece esa consideración, porque formo parte -coma el- da gran familia do Partido Socialista e tamén por unha razón máis mundana, de humanidade, que traspasa a política pero tamén é intrínseca a ela. A carta é unha proba máis do tempo no que vivimos: tempo de difamacións, de desgaste persoal, de saúde mental. Sempre crin que unha persoa debe permanecer en política unicamente mentres conserve a ilusión: a ilusión por mellorar Foz no meu caso, por facer un país máis xusto, social e con futuro no caso do presidente.

Lin a carta con atención e respéctoa profundamente. Ten que ser duro, moi duro, recibir todos os días ataques persoais. Pero é máis duro aínda asumir que os reciba aquel que non pode defenderse, aquel a quen queres. Estamos a falar dunha violencia instrumental, dunha guerra encuberta, de utilizar un refén da túa familia para facerche dano, de terrorismo político. Pódenme crer se lles digo que comprendo perfectamente a pregunta capital da misiva: compensa?  Merece a pena? No máis fondo de cada persoa está a resposta a esta pregunta.

Sinto un gran desacougo polas reaccións vertidas aos medios. Simpleza, inhumanidade e falta de escrúpulos. Creo que todos merecemos, cando menos o beneficio da dúbida: tamén o presidente do goberno. Resúltame moi verosímil o cansazo mental e o cabreo persoal, a rabia, pola inxustiza, pola crueldade. Vimos sufrindo do PP o ataque ás institucións, a agresión á democracia e agora tamén o asalto persoal por un único motivo: a ambición desmesurada de poder. Non hai moderación cando se loita por liderar a extrema dereita. E na táctica de terra queimada vale todo.

Cando menos, respecto á persoa, a un cidadán chamado Pedro.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.