• Ferrol
  • O Eume
  • Ortegal
  • Política de cookies
  • Política de Privacidad
  • Contacta
sábado, enero 23, 2021
Enfoques
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes de García Rodríguez
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedade
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión
No Result
View All Result
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes de García Rodríguez
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedade
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión
No Result
View All Result
Enfoques
No Result
View All Result
Home Opinión

Reflexións dun viaxante | Apoloxía da festa

Autor Nicanor Tischler
18 octubre, 2020
en Opinión
0
0
COMPARTIDA
39
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Preguntan nun programa de radio se botamos de menos as festas e unha oínte chama e di que si, que moito, que se sente, sen elas, máis vella, coma se lle caesen enriba, de súpeto, unha morea de anos. Refírense ás festas chamadas populares, as que, organizadas por comisións autoxestionadas o polas propias institucións, comprometen e afectan a toda a comunidade. Ao preguntarlle por que as bota tanto de menos, a señora, que semella maior, responde que non é polo baile en si, aínda que lle gusta, nin polas orquestras, nin por nada concreto. Se as bota de menos é por todo, polo ambiente, pola alegría que transmiten as rúas engalanadas, polo rebumbio algareiro dos feirantes, polo feito xeral de estar de festa.

Hoxe, cando me poño escribir estas liñas, é cinco de outubro, día de San Froilán, e a cidade de Lugo debería, como ocorreu dende o ano 1754, estar de festa, pero ese xeito de estar non é o que sento, non é o que respiro neste ano infausto de ameazas invisibles. Si están programados concertos e outras actividades, si hai caldeiros de polbo na porta dos restaurantes, e si haberá comidas e reunións familiares, pero todo iso non chega, todo iso non xera ambiente, non provoca a alteración suficiente no descorrer cotiá que toda festa debe provocar. Porque as festas deben supor iso: unha alteración, unha ruptura, un paréntese que nos protexe ou nos defende da inmisericorde liña imparable do tempo.

A festa é suspensión, inversión, saída temporal do rego.

Nomeamos ao San Froilán, xa que o escribidor ten unha íntima relación con Lugo, pero podiamos falar das San Lucas, en Mondoñedo, que deberían ser este mesmo mes do outubro, ou da renacida Festa das Peras, en Pontedeume, que xa terían que ter desfrutado, ou de tantas e tantas que puntean a xeografía do país, tecendo unha figuración lúdica perfectamente axeitada para alumear as escuridades de cada un e airear eses recantos que mantemos pechados. Festas, na maioría dos casos, que non chegaron a celebrarse, e se se celebraron foi dun xeito tan condicionado, tan limitado, que fixo, e fai, moi difícil sentilas como tales, sentir o seu espírito, esa corrente que electriza e expande o ánimo, esa efervescencia colectiva da que fala dende a socioloxía Émile Durkheim, o sentido comunitario do desfrute.

É certo que as festas, en xeral, xa non son o que foron, que agora están máis pensadas para consumilas que para vivilas, máis orientadas á figura do espectador que a do participante, pero, malia a iso, que necesarias nos seguen parecendo na formulación individual e colectiva do tempo, no calendario anímico ou sentimental co que imos, como sociedade, estruturando o transcorrer da vida.

As festas representan unha realidade nova, unha suprarrealidade (di o antropólogo Marcel Mauss) que transcende o paso diario de cada un para convertelo no paso común do grupo.

Sen as festas, o tempo esvara, flúe sen remansos, sen remuíños, sen diques.

Sen as festas, o tempo botásenos enriba e sentímonos, como a oínte, moito máis vellos.

Artigos Relacionados

Fallecen dos mujeres ingresadas en el CHUF con coronavirus

23 enero, 2021
Néboa es una de las últimas producciones rodadas en la comarca

Ferrolterra, un plató de cine: desde Franco a Almodóvar pasando por Polanski

22 enero, 2021

Paquetes turísticos para que los peregrinos aumenten sus estancias en Ferrol

22 enero, 2021

El área sanitaria de Ferrol realizará un cribado masivo en el CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume

22 enero, 2021
Anterior noticia

Pontedeume consegue unha partida de 1,5 millóns de euros para investir na pranta potabilizadora de auga

Siguiente noticia

Unha fotografía descoñecida da antiga ponte gótica de Pontedeume

Siguiente noticia

Unha fotografía descoñecida da antiga ponte gótica de Pontedeume

Compartir en FacebookCompartir en TwitterWhatsapp
Nicanor Tischler

Nicanor Tischler

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Noticias del momento

Ortigueira y Mañón superan los 1.300 y los 3.500 casos respectivamente

Fene, Mañón, Ortigueira, Moeche, Cerdido y Cabanas, bajo la lupa de Sanidade

21 enero, 2021

Las familias de un instituto de Narón reclaman casi 15.000 euros por un viaje cancelado

22 enero, 2021
Así ha quedado el tejado de la terraza del restaurante Beceiro

Un “minitornado” deja algunos destrozos materiales en la parroquia de Cobas

22 enero, 2021

El área sanitaria de Ferrol realizará un cribado masivo en el CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume

22 enero, 2021

Fallecen dos mujeres ingresadas en el CHUF con coronavirus

23 enero, 2021

Suscríbete a Enfoques

Se queres recibir as noticias de Enfoques no teu correo podes suscribirte no seguinte botón
SUSCRIBIRSE

Seccións

  • Actualidade
  • Cultura
  • Entrevistas
  • Economía
  • Deportes

Sobre nós

Enfoques Ferrolterra é un proxecto informativo galego que procura poñer en valor a política, a cultura e a economía local.

  • Ferrol
  • O Eume
  • Ortegal
  • Política de cookies
  • Política de Privacidad
  • Contacta

© 2019 Enfoques.gal - Enfócate no local

No Result
View All Result
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes de García Rodríguez
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedade
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión

© 2019 Enfoques.gal - Enfócate no local

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In