• Ferrol
  • O Eume
  • Ortegal
  • Política de cookies
  • Política de Privacidad
  • Contacta
domingo, marzo 7, 2021
Enfoques
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedad
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión
No Result
View All Result
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedad
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión
No Result
View All Result
Enfoques
No Result
View All Result
Home Opinión

Reflexións duns viaxante | O imposible

Autor Nicanor Tischler
16 noviembre, 2020
en Opinión
0
0
COMPARTIDA
29
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Cando afirmamos sobre algo que é imposible non pasamos de manifestar unha crenza cargada, coma todas, coas nosas propias limitacións, cos medos que só negando posibilidades somos quen de conxurar. Os estudantes franceses que no mes de maio do ano 1968 ocuparon as rúas a cabalo dun ardoroso e difuso descontento deixaron para a historia, entre outras, unha frase moitas veces repetida: “sexamos realistas, pidamos o imposible”.

Semella contraditoria pero non o é se convertemos o imposible nun equivalente do desexable, se o situamos no terreo das utopías que o principio de realidade nega, obstrúe ou desvaloriza. Un principio de realidade construído e delimitado polos criterios conservadores de todos os poderes, un principio de realidade que a frase quere abrir e estender ata facelo conxugable coas ansias liberadoras dos que a pensaron.

Publicidad

Imposible, aquí, entendido, pois, como desexable, pero hai outros imposibles, hai imposibles temidos, imposibles que afastamos de nós con decisión e aos que lles ofrecemos o freo, máis ou menos sincero, da nosa incredulidade. Imposibles dos que non cremos, ou non queremos crer, que poidan perder a súa condición e acaben por facerse posibles. Claro que iso, que o creamos ou só queiramos créelo, pouco importa

Todos temos lido neses libros tan ben acollidos de auto axuda que nada é imposible. Teñen boa intención e sabemos a que se refiren, pero se isto fose así, se todo fose posible, pensamos, se viviramos convencidos de que todo é posible, non seriamos capaces de soportar o paso afiado de cada segundo e ficariamos consumidos polo estrés, envelenados polo cortisol. Precisamos crer, xa digo, que hai cousas imposibles, situacións que, de ningún xeito poden ocorrer, que só poden desenvolverse na orde pechada dos pesadelos, ou lonxe, nunha xeografía allea aos nosos percorridos. E se a historia, dándolles a razón aos libros de auto axuda, indica cada pouco o contrario, tanto nos ten. É unha cuestión de supervivencia.

Hai pouco menos de un ano, a todos (ou a case todos, sempre hai seres moi ben informados) os que vivimos nesta parte do planeta parecíanos imposible que un virus mandase parar e que a vida, o xeito coñecido de vivir, desaparecera das rúas dun día para outro. Sabiamos que podía pasar, e seguro que o comentamos nalgún xantar familiar, pero no podiamos créelo. Era imposible.

A mediados dos anos oitenta do século pasado, os iugoslavos vivían e relacionábanse coa normalidade dun país centroeuropeo (hai outras normalidades mais afeitas á irrupción do delirio), dedicados ao traballo, ao estudo, a seguir a liga de fútbol ou a discutir sobre as menudencias que xeralmente ocupan o devir cotiá. Podía haber algunha tensión étnica ou política ou social. Sempre as hai, e seguro que as comentaban nas reunións de amigos ou familiares. Pero ninguén (ou case ninguén) podía prever a refrega que poucos anos máis tarde convertería ao país nun territorio de pontes derrubadas. Era imposible.

Podiamos seguir así, pola historia abaixo, mais non é necesario.

Sexamos realistas, coidémonos do imposible.

Publicidad

Artículos Relacionados

Fátima Sánchez durante uno de los rescates | CEDIDA

La ferrolana que se embarcó para salvar vidas en el velero de Open Arms

7 marzo, 2021

Un eumés no gulag de Stalin

7 marzo, 2021
El vicepresidente Alfonso Rueda visitó este pasado miércoles las instalaciones

El Ministerio finaliza la desafectación de la Casa del Mar de Ferrol para convertirla en albergue de peregrinos

6 marzo, 2021
Manifestación de la CIG por el 8M en 2019

La CIG convoca dos movilizaciones por el 8M en Ferrol y As Pontes

6 marzo, 2021
Siguiente noticia

Portorosa | Verde

Compartir en FacebookCompartir en TwitterWhatsapp

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Noticias del momento

Vïctor Ledo en la sede de CC.OO. de Ferrolterra

“La diferencia de esta crisis industrial respecto a las anteriores es que viene acompañada de oportunidades”

6 marzo, 2021
Se podrá obtener el certificado de profesionalidad en la especialidad de “atención a personas dependientes en instituciones sociales“

Ortigueira impulsa el obradoiro de empleo “Terras do Ortegal” junto a Cariño y Mañón

6 marzo, 2021

Sanidade cierra el concello de Mugardos ante el aumento de casos de COVID-19

5 marzo, 2021

Oroso refuerza su apuesta por el ocio y los hábitos de vida saludables con un nuevo circuito multideporte y un espacio para perros en Porto Aviera

6 marzo, 2021
La edil Ana Lamas visitó la zona acompañada de representantes vecinales

Finalizado el proyecto de mejora del camino que une el cruce del Vilar con la playa de Santa Comba

5 marzo, 2021

Suscríbete a Enfoques

Si quieres recibir las noticias de Enfoques en tu correo, puedes suscribirte haciendo clic en el siguiente botón

SUSCRIBIRSE

Secciones

  • Entrevistas
  • Economía
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión

Sobre nosotros

Enfoques Ferrolterra es un proyecto informativo gallego que pone en valor la política, la cultura y la economía local.

  • Ferrol
  • O Eume
  • Ortegal
  • Política de cookies
  • Política de Privacidad
  • Contacta

© 2021 Enfoques.gal - Enfócate no local

No Result
View All Result
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedad
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión

© 2021 Enfoques.gal - Enfócate no local

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In