Somos maiores, máis non somos parvos

Carlos San Juan: el hombre del bastón que retó a los bancos
Carlos San Juan: el hombre del bastón que retó a los bancos

A iniciativa presentada por Carlos San Juan baixo o titulo “Son maior, non idiota” recolleu 600.000 firmas que presentará diante do Ministerio de Economía e do Banco de España, coa finalidade de que as entidades bancarias realicen unha atención máis humana e próxima aos clientes que teñen dificultades para realizar as súas operacións cos caixeiros automáticos ou a través dos medios dixitais.

A queixa está enfocada contra as novas prácticas bancarias que se están impoñendo de forma acelerada, co peche de oficinas bancarias, supresión de caixeiros, cos horarios reducidos de atención aos clientes e que conlevan pouca atención a persoas que non están familiarizadas e habituadas coa mecánica dixital e o uso da internet. A isto hai que engadir o abuso e xeneralización da cobranza de todo tipo de comisións por calquera servizo, mesmo nalgúns casos, pola cobranza da pensión.

A crise do sector bancario derivado da gran recesión de 2008, levou por diante ás Caixas de Aforros e outras entidades bancarias, por malas prácticas de xestión das mesmas, nada menos que a metade do sector bancario español, e na que moito tiveron que ver o control ou presión do poder político e empresarial. O Estado e por tanto o conxunto da sociedade española, asumiu unha débeda de máis de setenta mil millóns de euros que ocasionou o sector bancario pola súa mala praxe, ademais das perdas privadas de pequenos e grandes investidores, dos empregados do sector e dos clientes prexudicados por esa crise.

Isto supuxo non só o descrédito e crise  reputacional das entidades financeiras, senón que ocasionou unha redución da competencia e unha maior concentración bancaria, desaparecendo tamén a responsabilidade social que asumían as Caixas e a obra social que realizaban.

O ano 2021 foi un ano récord de beneficios para a banca, que contrasta co malestar dos seus clientes menos dixitalizados. Pero tamén foi un ano récord no peche de oficinas e despedimentos de empregados.

A responsabilidade social coa súa clientela e o trato personalizado nos servizos polo miúdo da banca está a desaparecer pola presión competitiva e coa procura rápida de beneficios empresariais, deixando no desamparo aos maiores que son os que máis sofren estes cambios.

Por iso é polo que nos temos que sumar a ese clamor social que representa a iniciativa presentada por tantas firmas, e esixir aos bancos que adopten medidas para paliar estes abusos e como non, que o Goberno impoña a ese sector a corrección desas prácticas que xeran exclusión social.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.