Cariño empezará a repartir mascarillas aos profesionais que retomen a súa actividade

O cargamento foi entregado pola diseñadora ferrolá María Barcia e está realizado con materiais homologados
MascarillasTrabajadoresCariño (2)

O Concello de Cariño repartirá máscaras entre os traballadores, tanto para aqueles que xa retomasen a día de hoxe a súa actividade laboral como para os que teñan previsto renovala a partir da próxima semana. Tamén esta pendiente o reparto do material de protección entre os nenos do municipio, anunciado a pasada semana.

Tras a repartición de máscaras e pantallas protectoras levado a cabo durante as fases máis duras do Estado de Alarma entre os traballadores de servizos básicos, agora a entrega enfócase aos colectivos profesionais que se incorporaron recentemente ao traballo ou vaian facelo a próxima semana na Fase 0 da desescalada anunciada polo Goberno.

Estas máscaras das que dispón o Concello son reutilizables e están fabricadas artesanalmente pola coñecida deseñadora ferrolá María Barcía. Adicionalmente, tamén se conta con medio centenar de pantallas que serán entregadas baixo demanda. Mañá sábado día 2 de maio abriranse as oficinas municipais para comezar a repartición a empresarios dos diferentes sectores, a excepción do pesqueiro, que se levará a cabo coa colaboración coa Confraría de Pescadores.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.