Cariño pídelle á Xunta que permita o consumo de auga tras obter resultados «óptimos»

O Concello prevé destinar 146.000 euros a melloras na depuradora para evitar futuros episodios cos niveis de níquel no río Lourido
Imaxe de arquivo | CEDIDA
Imaxe de arquivo | CEDIDA

O Concello de Cariño vén de solicitarlle ó Departamento de Sanidade da Xunta de Galicia que volva permitir o consumo de auga potable no municipio —prohibido dende o pasado mes de novembro—, toda vez que a última análise da Administración arroxou resultados «óptimos» con respecto ós niveis de níquel.

«Solicitamos o peche de todas as incidencias abertas e a autorización para poñer fin á prohibición da inxesta de auga tratada que abastece ás parroquias de Cariño e A Pedra», reclama o concello, que agarda unha resposta «á maior brevidade». Mentres tanto, segue «traballando nunha solución estable para esta seria problemática de orixe natural».

Así, o Concello de Cariño encargou un estudo para abordar as posibles actuacións a realizar para evitar futuras situacións similares no futuro. En concreto, a actuación na estación potabilizadora para atallar problemas específicos de níquel e trihalometanos requeriría un investimento de 140.000 euros. Xa está a prepararse a licitación deste proxecto, para o que se solicitou unha transferencia de crédito de 146.000 euros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.