Cerdido esíxelle á Xunta que sexa restritiva na tramitación parque eólico de Badulaque para evitar a súa instalación

Benigno Galego, recibiu hoxe a visita da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, e aproveitou a ocasión para trasladarlle o descontento do seu municipio e da comarca pola excepcionalidade que aplicou o ente autonómico para permitir a tramitación do parque eólico de Badulaque
Benigno Galego, recibiu hoxe a visita da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros
Benigno Galego, recibiu hoxe a visita da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros

O  alcalde de Cerdido, Benigno Galego, recibiu hoxe a visita da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, e aproveitou a ocasión para trasladarlle o descontento do seu municipio e da comarca pola excepcionalidade que aplicou o ente autonómico para permitir a tramitación do parque eólico de Badulaque. Asegura que as consecuencias para o medio ambiente e para o benestar dos veciños e veciñas da contorna será irreparable polo que esixiulle á delegada que a Xunta sexa restritiva en canto  as  autorizacións sectoriais que dependan da súa administración. Galego pediulle accións que eviten a construción do parque eólico de Badulaque e a súa liña de evacuación xunto coa do parque eólico Barqueiro.

Tras a publicación do BOE, do día 31 de xaneiro, na que se formula a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto “Parque Eólico Badulaque de 90 MW, y su infraestrutura de evacuación” pola Dirección General de Calidad e Evaluación Ambiental, o goberno local de Cerdido entendeu que estes proxectos prexudicarían gravemente o benestar dos veciños e veciñas de Cerdido. Tamén, entende que causaría un dano irreparable a nivel ambiental polo que coa moción expresan o seu rexeitamento total ao proxecto eólico.

De feito, Cerdido aprobou no Pleno Municipal estudar accións xurídicas en contra da instalación desta infraestrutura eólica. “O parque eólico terá unhas consecuencias irreparables a nivel ambiental e sen dúbida empeorará calidade de vida dos nosos veciños e veciñas” concluíu o rexedor.

Por outra banda, aproveitou a visita da delegada territorial  para sinalarlle as necesidades do municipio en canto a infraestruturas municipais como o caso do CEIP da Barqueira, que xa contaba co compromiso da xefafura territorial da Xunta para acometer as melloras que están paralizadas. O mesmo sucede coa maquinaria da Piscina Municipal que necesita dunha reparación urxente.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.