Cerdido seguirá mellorando o vial que vai desde Vila da Igrexa ata a Ponte de Arón

A actuación, que se financiará co plan provincial de cooperación ás obras, vai renovar o trazado que vai desde Vila da Igrexa ata Piñeiro
Camiño de Piñeiro
Camiño de Piñeiro

O Concello de Cerdido aprobou por unanimidade no pleno extraordinario celebrado o pasado venres, 30 de setembro, a súa participación no Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, tamén denominado POS Adicional, da Deputación da Coruña. Con isto, apróbase a achega provincial asignada a dous obxectivos: cubrir os gastos correntes de servizos obrigatorios e a mellora do vial que vai desde Vila da Igrexa ata Piñeiro.

A actuación pretende mellorar o vial, que ten unha lonxitude de 850 metros, coa aplicación de aglomerado en quente a toda a plataforma, cubrindo os baches e perfilando os mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se fará a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal, ademais de colocar unha nova sinalización. Con esta obra séguese avanzando a mellora nunha estrada que acapara unha gran parte do tráfico rodado do municipio.

Segundo apunta o alcalde, Benigno Galego, “con esta actuación melloramos as infraestruturas básicas existentes nestes núcleos do Concello, incrementando o espazo de carácter público de calidade e cubrindo as necesidades básicas destas zonas do noso municipio”. “Esta obra segue a liña do noso equipo de goberno de dotar do máximo número de servizos básicos e infraestruturas á nosa veciñanza” engadiu o rexedor socialista.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.