Ortigueira anima aos seus veciños a compartir as súas receitas máis persoais

A iniciativa, baixo o concelo de #ortigueiradendeacociña, ten como obxectivo facer máis levadío o confinamento
iStock-628097352-1280x853-1280x853

O Concello de Ortigueira continúa coas súas iniciativas lúdicas orientadas a que as familias leven da mellor maneira posible o confinamento derivado da crise do coronavirus Covid-19. Se a semana pasada empezaba con #Ortigueiradendeaxanela, animando aos menores de 14 anos a enviar as súas redaccións e debuxos contando os seus plans para cando remate a corentena, agora pon en marcha unha proposta baseada na cociña.

Trátase de que cada quen suba ao seu Facebook un vídeo explicando unha receita ou unha fotografía que inclúa tamén a preparación do prato en cuestión, sempre co cancelo #Ortigueiradendeacociña. As publicacións serán compartidas no Facebook do Concello e as que acaden máis “gústame” recibirán un premio. Establécense dúas categorías, unha para menores de 16 anos e outra a partir desa idade.

O Concello ten previsto continuar adiante con este tipo de iniciativas para facer máis ameno o tempo de
estancia na casa, tanto aos residentes en Ortigueira como a quen está a pasar a corentena na localidade.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.