Ortigueira permanece baixo unha estrita vixilancia tras detectarse cinco novos positivos

Os novos afectados polo Covid-19 permanecen nos seus domicilios mentres a Policía Naval intesifica os controis na rúa
16354fda-8a06-485f-88b6-e5a822565767

O municipio de Ortigueira rexistra a día de hoxe catro novos casos positivos de coronavirus Covid-19, o que suma 12 persoas en total na localidade, das que por desgracia unha faleceu. Os novos afectados están nos seus domicilios e o número de hospitalizados segue en sete.

Precisamente no retraso dos resultados das probas volveu insistir hoxe o alcalde, Juan Penabad Muras, que aínda facendo fincapé na gravedade da situación, quixo trasladar á veciñanza unha mensaxe de tranquilidade, porque os novos positivos entran dentro do previsto ao tratarse de persoas que estiveron en contacto cos outros contaxiados. Probablemente o número de casos medre aínda máis nos vindeiros días, unha vez que se coñezan os resultados dos tests, adiantou, pero se se respectan as medidas de contención “sabemos como xestionar a situación e se todos colaboramos está baixo control”.

O Concello solicitou a axuda da Delegación do Goberno para controlar que a xente permaneza nos seus domicilios e para continuar coas tarefas de desinfección. Dous equipos da Policía Naval da Compañía de Infantería do Tercio Norte están hoxe en Ortigueira e continuarán alí ata que sexa necesario, precisamente para facer vixiancia e evitar que a poboación saia da casa. “Non se trata de meter medo”, dixo o rexedor, “pero si de cocienciar, e as sancións, que xa superan as 50, van continuar”. “As autoridades van ser implacables nas medidas de control do confinamento, porque se trata de mirar pola seguridade de todos”, engadiu.

Tras o contacto cos responsables da coordinación sanitaria, esta mañá estase a proceder a desinfección total do centro de saúde de Ortigueira, o que obriga a trasladar o servizo de Urxencias ao veciño municipio de Cariño de maneira provisional. Espérase que ás tres da tarde xa poida volver estar operativo en Ortigueira. O que si permanecerá cerrado de momento será o centro de saúde de Mera, concentrándose toda a atención sanitaria no consultorio central da vila.

O alcalde insistiu unha vez máis en que se está traballando como se ten que facer, acometendo labores de prevención, de información, de limpeza e de desinfección “pero non vale se non temos a colaboración da xente, non podemos montar por un lado e desmontar por outro, hai que quedar na casa”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.