A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza de conservación nos tramos interurbanos dos ríos Vilariño e Mera, no municipio de Ortigueira.
Estes traballos de mantemento e conservación están a desenvolverse ao paso destes ríos polas parroquias de Mera de Riba e Mera de Baixo.
As actuacións lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos e forman parte dos traballos de mantemento de tramos en Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSIs), centrándose na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta na canle e roza selectiva. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Estas accións se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.
Este tipo de traballos da administración hidráulica da Xunta permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema dos ríos.
Discussion about this post