Turismo de Galicia compromete o seu apoio ao Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal

O grupo de traballo segue recabando apoios antes da presentación da súa candidatura ante a UNESCO o próximo 1 de abril.

Ortegal está cada vez vez máis cerca de obter o recoñecemento da UNESCO. O pasado mes de xaneiro a Deputación de A Coruña, quen acompaña aos municipios envoltos no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal prácticamente desde o inicio, aprobou unha inversión de medio millón de euros para sacalo adiante.

Agora a Xunta de Galicia súmase a ese apoio a través da Dirección Xeral de Turismo, tal e como quedou patente nunha reunión celebrada este xoves entre a responsable do departamento, Nava Castro, e representantes dos concellos de Cerdido, Cedeira, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, ademais do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira.

O obxectivo da reunión era solicitar ó gobernó galego a carta de apoio á candidatura, e conseguir un maior compromiso a través da definición de accións concretas. Entre as posibilidades tratadas está a de incluir o logotipo de Cabo Ortegal nas actividades promocionais que desenvolva Turismo de Galicia relacionadas con este territorio.

Tal e como sinalou a presidenta de quenda do Consello de Dirección, Beatriz Bascoy, o encontro tamén serviu para alcanzar un acordo «de maior calado» que se materializaría coa sinatura dun convenio de cooperación cos sete municipios e a área de Turismo da Deputación da Coruña coa  finalidade de «establecer un marco de colaboración entre as distintas administracións que apuntale a iniciativa como un proxecto común».

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.