O alcalde Ortigueira solicita a Ábalos prioridade no transporte de materias primas agrogandeiras

Juan Penabad cree que a medida axudaría a paliar os efectos socioeconómicos da crise
transportes-especiales-por-carretera_img1423t7m5w1920h1200

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, enviou un escrito ao ministro de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana, José Luis Ábalos, solicitando que se adopten as medidas necesarias para que o sector de transporte de mercadorías e mensaxería considere produtos de primeira necesidade tanto a materia prima necesaria para a actividade do sector primario como os respostos de maquinaria e calquera outro subministro que sexa preciso para o normal funcionamento das explotación agrícolas e gandeiras.

O obxectivo desta petición é que a entrega destas mercancías teña prioridade fronte a outras non consideradas de primeira necesidade. A demanda foi trasladada tamén á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta.

O rexedor local faise eco así das queixas de veciños e veciñas que se dedican ao sector primario, que lle trasladaron que durante o estado de alarma están atopando moitas dificultades para recibir a materia prima necesaria para as súas explotación agrarias ou gandeiras, porque ou ben non chega ou chega tarde despois de estar varios días paralizada nalgún almacén. O mesmo sucede, di o alcalde, coas pezas de reposto para a maquinaria, unha situación que se debe á gran carga de traballo dos transportes e as mensaxerías.

Diante desta situación, as persoas afectadas teñen que realizar desprazamentos longos -o que vai en contra do principio de confinamento, aínda que este permitido- quitando este tempo, ademais, do seu traballo normal. Penabad Muras entende que esta situación que afecta a Ortigueira prodúcese tamén noutros lugares, especialmente nos concellos máis alonxados das ciudades e lembra a especial importancia dos horarios e dos días concretos para desenvolver moitas das tarefas relacionadas coa agricultura e a gandeiría (plantacións, recollida de colleitas, extracción do leite, etc.)

A carta do alcalde remata expresando a súa convicción de que tomar estas medidas que demanda no escrito contribuirá a paliar os efectos socioeconómicos da crise do coronavirus, polo que pide ao ministro que actúe en consecuencia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.