A concellería de Benestar Social de Ferrol constitúe a primeira Mesa de Traballo do Terceiro Sector

Esta iniciativa conta co apoio de sete entidades e buscan axudar ás persoas máis vulnerables mellorando e optimizando o servizo de comida
Mesa de Traballo do Terceiro Sector

A concellería de Benestar Social de Ferrol vén de constituír a primeira Mesa de Traballo  do Terceiro Sector de Ferrol, un órgano que nace co fin de optimizar recursos e traballar de maneira conxunta con entidades da cidade na prestación e atención de necesidades básicas, sobre todo de alimentos, entre os mais vulnerables.

Desta maneira, o departamento de Servizos Sociais do Concello, buscará unir forzas con outras entidades que se dedican a atender aos máis vulnerables para optimizar os recursos dispoñibles. A esta primeira reunión de constitución, que tivo lugar o pasado venres 10 de xullo asistiron representantes de Cáritas, Dignidad, Banco de Alimentos, Arraigo, Cruz Vermella e Dios y Pan, mentres que Adra tamén forma parte.

Neste encontro, a primeira proposta foi incidir máis no traballo da Cocina Económica, a cal foi respaldada por todos os asistentes. A maiores tamén houbo unanimidade á hora de decidir traballar en rede e
de tratar de buscar a mellor fórmula para mellorar o servizo de reparto de comida, para o que se puxeron enriba da mesa diferentes opcións que serán estudadas por cada unha das entidades.

Por outro lado, a representante de Cruz Vermella e o coordinador técnico municipal explicaron o funcionamento da xestión e tramitación da tarxeta moedeiro concedida pola Xunta, que tramita a concellería de Servizos Sociais do Concello e entrega Cruz Vermella.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.