Santiago de Compostela converterase no punto de partida da nova etapa musical de Tanxugueiras. O grupo galego abrirá as Festas da Ascensión 2026 coa estrea en primicia de O Cuarto, o seu novo disco, a través dunha proposta singular: unha escoita colectiva na Praza do Obradoiro a partir das 20:00h.

Coa estrea, o grupo destaca a capital galega e sitúaa no centro dunha presentación que se converte nun dos momentos máis salientables da súa carreira. O escenario elixido reforza a conexión entre música, identidade e territorio, elementos clave no proxecto artístico de Tanxugueiras.
As Festas da Ascensión 2026 comezarán este 8 de maio ata o día 25 de maio e contarán cunha programación diversa e extensa, que se desenvolverá combinando artistas como Mondra o día Xoves 14 de maio, 9louro o venres 15 de maio e Alba Reche o sábado 16 con espectáculos familiares e eventos que dinamizan distintos espazos da cidade comoSantiago 40Pop o mércores 14 de maio e o festival Romaría das flores o sábado 16 de maio e o mediodía do domingo, entre outros eventos.


