A viguesa Sandra Martínez e a lucense Sarai Teijeira xa son campioas de Europa. Este domingo, ambas galegas conseguiron o sétimo título para a sub-18 xunto co resto do equipo da selección feminina de baloncesto. Tras gañar o verán pasado en La Palma, o equipo de Isaac Fernández volveu amosar o seu reinado na cancha en Estocolmo coa victoria a Francia (46-82).
A vitoria chega tras vencer a Serbia en semifinais nun arroiador partido (79-56), tras marcarse un Campionato de Europa onde gañaron os partidos por unha media de 45,2 puntos.
Sandra e Sarai, a mellor dupla da sub-18
Cabe destacar a gran función de Somto Okafor durante todo o campionato, sendo a MPV indiscutible da final. Xunto a ela, María Carbo, Shaila Nde ou Ada Toribio tamén foron claves para a vitoria; sen esquecernos da labor de Sandra Martínez, quen, cando Francia estaba a catro puntos a piques de chegar ao cuarto, apareceu con dous triples consecutivos e levou á súa selección ao 7-24 antes da primeira pausa.
A viguesa, formada no Seis do Nadal, fixo un total de 20 tiros de campo en 38 intentos, rexistrando un 52,6% de anotación, sendo a única na selección xunto a Okafor en superar o 50%. Na súa primera experiencia coa selección española fixo un campionato de dez e posicionouse aínda máis como unha das promesas galegas no baloncesto. Agora terá que dalo todo na súa nova aventura co Baxi Ferrol.
Doutra banda, a lucense Sarai Teijeira ven de facer historia tras cumplir 17 anos o pasado marzo: hai tres semanas conseguiu a plata mundial coa sub-17 e, agora, o ouro no EuroBasket sub-18. Aínda que non xogou as semifinais contra Serbia, a ala-pívot do Valencia Basket si estivo na final e aportou dous importantes rebotes, unha das súas principais virtudes. Entre os seis dos sete partidos xogados terminou acadando unha media de 1,6 puntos; 2,6 rebotes e 0,8 asistencias.
As galegas Sandra Martínez e Sarai Teijeira, CAMPIOAS DE EUROPA! 🥇🇪🇸
— FGB (@FGB_Baloncesto) August 10, 2026
A ⛹️♀️Selección Española U18 Feminina volve reinar en Europa tras impoñerse a Francia por un contundente 46-82 na gran final.
Un triunfo que permite a esta xeración revalidar o título conseguido o pasado ano e… pic.twitter.com/Xrds8XBHdu
Durante a súa visita á final na cidade sueca, a presidenta da Federación Española de Baloncesto (FEB), Elisa Aguilar, destacou a calidade da canteira do baloncesto español: «Este oro é a cuarta medalla do verán e estamos orgullosos de todas as seleccións que competirán e están competindo. Tamén conseguimos clasificarnos, de momento, para dúas Copas do Mundo e podemos dicir que o verán está sendo un éxito. Agora queda apoiar e desfrutar coas nosas seleccións sub-16 para que consigan os seus obxectivos no EuroBasket».