Galicia vivirá o seu San Xoán máis caloroso con temperaturas de máis de 30º

As administracións locais reforzaron as medidas de prevención e seguridade ante o elevado risco asociado ás altas temperaturas e ás fogueiras
A xente nas praias de Oleiros en San Xoán | @CONCELLODEOLEIROS
A xente nas praias de Oleiros en San Xoán | @CONCELLODEOLEIROS

Galicia vivirá este martes unha das xornadas máis calorosas que afectará á maior parte do territorio. Segundo as previsións meteorolóxicas, Ourense volverá a ser o punto máis quente do país cuna máxima prevista de 41º pero tamén se agardan valores moi altos en Lugo (38º), Santiago e Ferrol (37º) e Pontevedra (34º). Nas cidades de Vigo e Coruña espéranse arredor de 33º.

As altas temperaturas rexistradas no día 23 de xuño | METEOGALICIA

Este episodio de calor coincide coa celebración da noite de San Xoán, o que levou ás administracións locais a reforzar as medidas de prevención e seguridade ante o elevado risco asociado ás altas temperaturas e ás fogueiras. En Vigo mantense a prohibición de realizar fogueiras particulares. Unicamente poderán acender lume aquelas asociacións, entidades ou colectivos que conten coa autorización municipal correspondente e cumpran os requisitos de seguridade establecidos polo Concello.

As restricións serán aínda maiores en Nigrán, onde non estarás permitidas as fogueiras nos areais do municipio, especialmente en Praia América e Panxón. O operativo especial de vixilancia contará con dispositivos de control aéreo mediante drons para supervisar o cumprimento da normativa e previr incidentes.

Os modelos apuntan a un lixeiro descenso das temperaturas durante a madrugada do martes ao mércores, que seguirá sendo cálida pero algo máis soportable. A magnitude deste episodio queda reflectida nos avisos activados por MeteoGalicia. Un total de 238 dos 313 municipios galegos atópanse baixo algún nivel de alerta por altas temperaturas, o que representa arredor do 76 % do territorio municipal. A maioría dos avisos son amarelos, aínda que 44 concellos das zonas do Miño, o noroeste de Ourense e o sur de Lugo permanecen en nivel laranxa. Só algunhas áreas costeiras da Costa da Morte, Barbanza, as Rías Baixas e A Mariña quedan fóra dos avisos meteorolóxicos, beneficiadas pola influencia moderadora do océano.

O reparto da leña en Oleiros | @CONCELLODEOLEIROS

As autoridades recomendan evitar a exposición prolongada ao sol nas horas centrais do día, manter unha correcta hidratación e extremar a precaución con persoas maiores, menores e colectivos vulnerables ante unha situación que converte esta véspera de San Xoán nunha das máis calorosas das que se ten constancia en Galicia.

No caso do deporte, a Xunta, a través de la Secretaría Xeral para o Deporte, suspendeu a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior entre as 12.00 e as 20.00 horas nas zonas afectadas pola alerta vermella, a excepción dos deportes náuticos e acuáticos federados, entre as 12.00 e as 18.00 horas nas zonas en alerta laranxa.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.