O Auditorio Municipal de Vilalba acolle este domingo ás 18:00 horas o acto ‘ExpresArte en Igualdade’ contra as violencias machistas e a favor da igualdade. O Concello de Vilalba pecha a ampla programación polo 25N cunha actividade dirixida aos centros de ensino e o tecido cultural da vila.
Formarán parte desta iniciativa o IES Basanta Silva, o Conservatorio de Música, a Asociación Cultural Andrade, o CEIP Insua Bermúdez, IESCHA, Corredores de Sombra, a Escola Municipal de Teatro e Lambe Lambe. O Concello de Vilalba quixo agradecer hoxe a súa implicación para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero.
O obxectivo desta nova cita é sensibilizar, previr e loitar contra as diferentes violencias machistas, un propósito no que o Concello de Vilalba traballou cun amplo programa de actividades baixo o lema ‘A meta, a igualdade. O feminismo, o camiño’.