A porca brava de Vilachá xa é unha máis nas festas veciñais e sérvese ela mesma un polbo enteiro

Non é a primeira vez que a porca brava sorprende aos habitantes de Vilachá, pois en San Xoán levouse un bo prato de sardiñas
BeFunky-collage-11

As festas de Vilachá, en Boborás, non son as mesmas se non fai acto de presenza a porca brava Sofía. Desta vez sorprendeu aos veciños nunha nova xuntanza levándose nada máis e nada menos que… un polbo enteiro.

Pero non é a primeira vez que aparece: na noite de San Xoán sorprendeu aos veciños na súa sardiñada. Estes, ben hospitalarios, decidiron tratala como unha máis e convidárona a un par de sardiñas para desfrutar da tradición. Daquela vez, a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, asegurou que «aparece sen avisar e sen estar convidada». Pouco despois descubriron que se trataba dunha femia e que tivera catro xabatos.

«A este paso, para a próxima xuntanza van ter que contar con ela á hora de calcular as racións», aseguraba a alcaldesa nas súis redes sociais.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.