A Torre de Hércules, de estrea: así é a nova iluminación LED que encherá de cores o emblema da cidade

Estas son dúas das actuacións en torno ao faro e a súa contorna, que está previsto que complete a súa renovación no mes de setembro
BeFunky-collage-4

Do azul do Dépor ou o violeta polo Día da Muller, a Torre de Hércules poderá vestir ambas cores a partir de agora. O faro romano máis antigo en funcionamento e símbolo total dos coruñeses vén de estrear un novo sistema de iluminación LED -menos contaminante que o anterior- que permitirá tinguir o monumento segundo o que celebren os habitantes herculinos.

Unha iluminación sostible e responsable

O novo sistema presentado onte, xunto coa renovación das sendas que dan acceso á Torre, forma parte do proxecto de Turismo de Galicia no marco do Plan Xacobeo Next Generation. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles explicou que supón unha renovación completa do sistema ornamental da Torre, con equipos LED que «permitirá ofrecer opcións decorativas e dinámicas para acompañar celebracións e actividades socioculturais».

Ademais explicou xunto á delegada da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, a maior eficiencia do sistema, pois permitirá reducir o consumo enerxético do faro. Tal e como asegurou Merelles, «é un paso máis cara unha maior sostenibilidade turística do destino«.

A inauguración das novas actuacións na Torre de Hércules | XUNTA DE GALICIA

Doutra banda, onte tamén tivo lugar a inauguración dos sendeiros que circunvalarán a Torre, os cales serán «máis seguros, máis duraderos e, sobre todo, máis accesibles«. Esta actuación permitirá habilitar un recorrido continuo, dende a glorieta hacia ao mar, ampliando a anchura nalgúns tramos.

O proxecto será completado a partir de septiembre, tal e como acordou o Goberno galego co Concello da Coruña, pois aínda faltan outras actuacións que están orientadas a dar a coñecer o xacemento arqueolóxico e á conversación dos elementos estruturais. En total desembolsarán 900.000 euros.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.