A artesanía galega dá un novo salto internacional da man de María Alborés, unha deseñadora boirense de 28 anos que acaba de incorporarse ao equipo de deseño da casa francesa Dior, unha das firmas máis influentes do luxo contemporáneo. O seu fichaxe chega tras completar o seu máster en moda na prestixiosa Antwerp Academy, en Bélxica, un dos grandes viveiros de talento creativo a nivel mundial.
A colección Lost in Tradition, Found in Galicia destaca polo uso de redes de pesca, cordas, encaixe de bolillos e fibras naturais, materiais ligados aos oficios tradicionais e á identidade do territorio. Pezas elaboradas a pequena escala, cunha clara aposta pola produción manual, sostible e respectuosa cos procesos artesáns.
Para a creadora, a incorporación a Dior representa a culminación dun soño profesional e, ao mesmo tempo, unha oportunidade para demostrar que os oficios tradicionais seguen a ter un lugar central no luxo actual. O seu percorrido confirma que a moda de alta gama tamén pode ser sinónimo de identidade, territorio e sustentabilidade.


