Galicia volverá saír á rúa este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con concentracións en numerosas localidades convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres. O colectivo chama a participar masivamente para denunciar a violencia machista e reivindicar políticas públicas máis eficaces para protexer ás vítimas.
As mobilizacións terán lugar en cidades e vilas de todo o territorio galego, nunha das xornadas máis importantes do calendario feminista. Este é o mapa completo das concentracións do 25N en Galicia:
Concentracións do 25N convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres
- A Coruña: 20:00 h – Obelisco
- As Pontes: 20:30 h – Praza do Hospital
- Betanzos: 20:00 h – Praza do Campo
- Carnota: 18:30 h – Praza da Pedra
- Chantada: 20:30 h – Praza do Cantón
- Compostela: 20:00 h – Praza 8 de Marzo
- Marín: 20:00 h – Praza 8 de Marzo
- Melide: 20:00 h – Praza do Convento
- Narón: 19:00 h – Praza da Gándara
- O Porriño: 20:00 h – Praza do Concello
- Ourense: 20:00 h – Castañeira (San Lázaro)
- Ponteceso: 20:30 h – Prada do Recheo
- Pontedeume: 20:00 h – Praza do Concello
- Pontevedra: 20:00 h – Praza da Peregrina
- Ribadavia: 20:00 h – Praza da Madalena
- Ribadeo: 19:00 h – Praza 8 de Marzo
- Vilagarcía: 20:00 h – Praza de Galicia
- Vilalba: 20:00 h – Praza da Constitución
- Vigo: 20:00 h – Vía Norte




