Un avión procedente de China aterrou no aeroporto de Zaragoza con máis de 300.000 máscaras cirúrxicas e 75.000 equipos individuais de protección doados por Inditex ao Goberno de España, no marco dentro da loita contra o coronavirus e o apoio ao persoal sanitario dos hospitais españois.
O voo, da compañía Atlas Air, chegou sobre as 11.30 horas ás instalacións aeroportuarias de Garrapinillos, e procedeuse a descargar a mercadoría para o seu traslado aos almacéns que Inditex ten na Plataforma Loxística de Zaragoza.
Inditex asegurou que realizará polo menos un envío semanal do material que se compre directamente. En concreto, a firma está a traballar para traer o material que as autoridades sanitarias españolas sinalaron como máis urxentes, como máscaras, luvas, lentes protectoras, gorros, calzas e protectores faciais. De feito, estas 300.000 máscaras cirúrxicas protectoras súmanse ás 10.000 xa doadas.