Fai unhas semanas, a directiva do Deportivo anunciaba o nome e estrea do seu novo himno. Onte, 11 de agosto de 2026, os deportivistas puideron escoitalo por primeira vez a horas de xogar o Teresa Herrera masculino contra o Real Madrid.
O himno, que busca conmemorar o 120º aniversario do clube -así como o seu recente ascenso a Primeira División- foi composto polo coruñés Xoel López, quen desvelara a súa inspiración no You’ll never walk alone do Liverpool. «Co novo himno busco falar do que significa o Dépor para min, para un neno da Coruña nese momento, pero tamén do que significa o Dépor para o mundo», afirmaba o cantante durante unha rolda de prensa no Teatro Colón o pasado 30 de xullo.

O cantautor non estivo só na creación do himno, xa que quixeron que a canción que ía representar a todo un equipo tivera presentes a colectivos e artistas clave da escena coruñesa e galega como a Orquestra Sinfónica de Galicia, os Kilomberos de Monte Alto, o Coro Cantábile, as pandereiteiras da Xacarandaina ou a gaiteira Susana Seivane.
O videoclip, un percorrido ata Riazor
Tal e como indica o club, o videoclip foi concebido como unpercorrido polos lugares máis emblemáticos da Coruña simbolizando o camiño hacia Riazor nun día de partido. A través dun plano secuencia conectan espacios como a Marina, os Xardíns de Méndez Núñez ou o propio paseo marítimo. De feito, o piloto de dron é David Lougedo, especialista a nivel internacional que participou en produccións como ‘La sociedad de la nieve’, ‘Infiesto’, ‘Zeta’ ou ‘Clanes’.
Durante o video aparecen os diversos artistas e colectivos participantes así como centos de fans do equipo que tomaron as calles grazas a diversos Google Forms que tiñeron que cubrir para poder participar.
‘Voa’, a todo volumen nun partido á altura
Hoxe, día 12 de agosto, o Dépor xogará o Teresa Herrera masculino contra o Real Madrid e, por primeira vez, o seu novo himno soará no Abanca Riazor.
Ademais, contará coa presenza de Xoel López e algún dos artistas involucrados na súa creación. Agora toca ver se os fans do Dépor aprenderon a canción nestas poucas horas para así poder animar ao seu equipo ao ritmo do seu himno.