O Globo de San Roque de Betanzos percorreu 32 quilómetros ata caer en Cerceda

Celebrou o seu 151º aniversario sendo o globo de papel máis grande do mundo con 25 metros de altura, 16 metros de diámetro e 140 kilos
BeFunky-collage-4

Como cada ano, a noite do 16 ao 17 de agosto a Plaza García Hermanos de Betanzos encheuse duns 50.000 asistentes para gozar do globo de papel máis grande do mundo. Tras comezar o seu percorrido ás 00.56 horas, o aerostato percorreu 32 quilómetros caendo no lugar de Xende, en A Silva (Cerceda) as 02.50 horas.

Este ano celebrouse o 151º aniversario do Globo, o cal ten unha ampla tradición artesanal. Con 25 metros de altura e uns 16 metros de diámetros, ademais de 140 kilos de peso (antes de iniciar o voo), conta con diferetenes ilustracións feitas por artistas locais que buscan caricaturar o ano. Nesta ocasión, descataron as figuras de Donald Trump ou os debuxos dos campións mundiais Rodri e Cucurella, entre outras.

O Globo de Betanzos / CONCELLO DE BETANZOS

O seu vo é un dos actos centrais das festas patronais e reúne cada ano a miles de persoas, xa non só nas rúas e plazas, senón a través da rede e a televisión, onde soe retransmitirse o evento. Forma parte da celebración de San Roque, e constitúe unha das imaxes clave de Betanzos.

Aínda así, a festa en Betanzos non remata, pois este martes 18 de agosto celebrase o primeiro retallo dos Caneiros, unha das celebracións máis populares do Concello. Dende as doce do mediodía comezarán a desfilar polo Mandeo as embarcacións hacia o campo dos Caneiros animados polas charangas NBA e DGT. No campo estará o DJ Sebas e NBA, e, ao regreso da romería, haberá verbena da man da orquestra Origen na plaza García Hermanos.

Desta maneira, os betancinos miran de cara ao 2027 procurando xa o seguinte voo do seu Globo.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.