Tras meses de espera, este venres 24 de xullo o Porto de Vigo inaugurou oficialmente «Atlántida», o seu innovador submariño integrado no conxunto de «Peiraos do Solpor». Unha iniciativa que, como ben afirma o presidente do Porto de Vigo, Carlos Botana, busca manter a actividade económica sen renunciar a rexeneración do medio mariño.
A instalación, interactiva e completamente gratuíta, permite aos visitantes -que poderán entrar en grupos reducidos de 15 persoas– adentrarse na riqueza ecolóxica da Ría de Vigo dende una perspetiva única, observando a biodiversidade mariña en tempo real.
«Atlántida» conmemora á obra de Julio Verne,»20.000 leguas de viaje submarino». O submariño está mergullado a unha profundidade de entre 6 e 10 metros baixo a auga, dependendo das mareas e conta con escaleiras e ascensor para as persoas con movilidade reducida. Ao adentrarse, o público poderá escoitar unha locución do propio Julio Verne, que guía aos visitantes ata descender ás profundidades do observatorio.
Unha fiestra á fauna mariña viguesa
A través dos cristais, os visitantes poderán disfrutar das diferentes especies mariñas do ecosistema. Entre elas, sargos, pintos, robaliza, choupas, bogas ou peixes ballesta. Ademais, existen dous refuxios para cabaliños de mar, cuxa actividade poderá seguirse en directo gracias a implantación de cámaras subacuáticas.
O proxecto, enmarcado dentro da estratexia de crecimiento azul (Blue Growth) do Porto de Vigo, supuxo unha gran inversión. Arrincou cun presupuesto de 5,4 millóns de euros, dos que 3,8 millóns proceden dos fondos Next Generation a través de Puertos del Estado e 1,6 millóns da Autoridade Portuaria. Pero, a complexidade técnica levou a aumentar os costes sumando á cantidade inicial outros 760.000 euros.

