Celta e Dépor presentan as súas terceiras equipacións: do estilo retro á Cruz de San Andrés

Ambas equipacións están xa completas e os afeccionados poden mercalas nas páxinas oficiais dos equipos galegos
BeFunky-collage-4

Os celestes e os blanquiazuis xa teñen as súas equipacións completas para a seguinte tempada de fútbol 2026-2027.

No caso do Dépor, a súa camiseta foi presentada nin máis nin menos que o 25 de xullo en conmemoración do Día de Galicia. Trátase da primeira terceira equipación que o equipo presenta co seu novo sponsor técnico, Nike. Así como é habitual, rinden homenaxe á súa cidade.

Coa cruz de San Andrés como protagonista, o clube explica que o buscan amosar a conexión entre o Deportivo e o símbolo, pois este se remonta ao deseño original do Estadio de Riazor que, dende a súa construcción ata a súa remodelación polo Mundial de 1982 contaba co elemento na súa balaustrada.

Con esta terceira equipación, o club coruñés rinde homenaxe a un dos elementos que mellor definen a Galicia: o mar. Tratan de recoñecer a súa tradición marinera e poñer en valor unha identidade compartida por todos os galegos e galegas. O anuncio desta nova camiseta viu acompañado de: «A Coruña terra de mar».

Esta camiseta súmase as outras dúas xa anunciadas polo clube, onde un ano máis destaca a segunda por romper co fondo blanco. Neste caso trátase dunha camiseta total black onde o escudo e os detalles tíñense completamente de azul.

As tres equipacións do Dépor da man de Nike / RC DEPORTIVO

Doutra banda, o clube vigués do Celta vén de presentar tamén a súa terceira equipación coa completa a indumentaria dos seus xogadores durante esta nova tempada. Neste caso traballan da man de Hummel, quen apostou todo polo vermello. A camiseta destaca polo seu estilo retro cun deseño xeométrico de rombos en celeste e azul mariño co que buscan dar personalidade á equipación dos celtistas.

Destaca tamén o ano de fundación do clube incorporado nuns rombos na nuca para conmemorar a historia do equipo, nado en 1923.

Con este último lanzamento, o club finaliza unha colección caracterizada pola coherencia total entre todas as súas pezas, onde o celeste da primeira, o azul marido da segunda e o vermelho da terceira dan continuidade as equipacións e crean unha identidade recoñecible tanto dentro como fóra do campo. Así mesmo buscan introducirse de cheo nos códigos de moda e deseño actuais pero sen renunciar á esencia do lonxevo equipo.

As tres equipacións do Celta da man de Hummel / CELTA DE VIGO

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.