Detida tras unha persecución polo centro de Ferrol unha muller que conducía sen carnet

Sucedeu preto da unha da mañá do domingo, cando os axentes se decataron de que un turismo realizaba manobras sen utilizar os intermitentes e sen aminorar a velocidade
Imagen de un vehículo de la Policía Local de Ferrol
Imagen de un vehículo de la Policía Local de Ferrol

A Policía Local de Ferrol detivo o pasado domingo a unha muller que conducía sen carné un vehículo sen seguro tras protagonizar unha larga persecución pola cidade. Pasadas as doce da noite un vehículo policial decatouse de que o coche de diante, na avenida de Esteiro, circulaba sen sinalizar un cambio de dirección con intermitente e sen aminorar a velocidade ao achegarse a un cruce, no que non tiña prioridade.

Tras varias manobras deste tipo, os axentes déronlle o alto e a muller parou fronte á gasolineira do lateral do Jofre. Cando os axentes saíron do coche a condutora emprendeu de novo a marcha para deterse outra vez á altura da Prazo do Mercado, onde repite a manobra de fuga a gran velocidade en dirección ao Muelle de Curuxeiras, alcanzando os 100 quilómetros por hora segundo o velocímetro do coche patrulla.

Continuou cara ao paseo da Marina realizando curvas invadindo o carril contrario e chegou a alcanzar os 140 quilómetros por hora pola FE-15 en sentido a Coruña. A condutora abandonou a vía en dirección Canido e posteriormente en dirección á estrada de Catabois. Os axentes trataron de adiantar ao vehículo en varias ocasións para cotarlle el paso pero a condutora realizaba manobras para impedilo.

Finalmente a Policía Local puido deter ao vehículo á altura da rúa Sagrada Familia. A muller detida asegurou que se fuxiu porque circulaba sen carné e sen seguro. Pola súa banda, o seu copiloto recoñeceu que tiña coñecemento da situación.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.