O próximo luns comezará na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra un veciño da comarca, de iniciais D.R.R, que podería enfrontarse a unha pena de prisión de sete anos por agredir a súa ex parella, tras entrar no seu domicilio pola forza. Según o escrito da fiscalía, os feitos ocorreron na madrugada do 15 de xuño de 2018 cando o acusado e a vítima tiveron unha discusión telefónica que rematou co home ás portas da casa da muller.
Como esta negouse a abrirlle a porta, D.R.R rompeu a pechadura a patadas e logrou entran pola forza na vivenda mentras a muller pedía auxilio. Unha vez dentro, o home colleu un coitelo e agarrándoa polo pescozo ameazouna de morte en reiteradas ocasións. Antes de marcharse e coa vítima aínda inmobilizada, golpeoulle o nariz contra a porta de entrada, facéndolle unha ferida que requeriu de puntos de sutura.
A acusación pública pide para este agresor dous de prisión por un delito de invasión de domicilio, outros dous anos por un delito de ameazas e tres máis por un delito de lesións agravadas. Ademáis a Fiscalía pide unha multa a razón de 9 euros diarios durante 9 meses e a indemnización de 200 euros polos días de curación, outros 300 euros polas secuelas e na cantidade de 136,10 euros polo custo de reparación da fechadura da porta do seu domicilio fracturada e indemnizará ao SERGAS na cantidade de 401,94 euros polos gastos de curación abonados.