A área sanitaria de Ferrol podería baixar ao longo desta semana dos 100 casos activos de coronavirus se continúa coa tendencia das últimas semanas, na que se están a rexistrar case o doble de altas epidemiolóxicas que de novos contaxios. Nas últimas 24 horas foron 13 as persoas que superaron o virus e só 3 os novos casos. Isto deixa un balance total a día de hoxe de 108 doentes diagnosticados con Covid e tan só 2 dous de eles hospitalizados na séptima planta do Marcide.
Nesta segunda onda de contaxios o CHUF vén realizando algo máis de 200 PCR diarias o que deixa un total de 35.500 desde o inicio da pandemia entre as que se realizan no Marcide, no punto móvil do Novoa Santos ou a domicilio. A taxa de positividade é dun 1,54% (a menor da comunidade) o que a sitúa dous puntos porcentuais por debaixo da media galega. Ademáis, a taxa de incidencia nos últimos 14 días é de 40 casos activos por 100.000 habitantes, lonxe dos 101 da coruña, dos 119 de Pontevedra ou dos 313 de Ourense.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.068, deles 787 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 1.123 da de Ourense, 630 da de Pontevedra, 390 da área de Vigo e 544 da de Santiago.