O acusado de ameazar cun coitelo e agredir á súa ex parella acepta un ano e medio de prisión

A xuíza impúxolle unha indemnización á vitima de 1.500 euros e a prohibición de aproximarse a 300 metros de ela durante catro anos e medio
Audiencia-Provincial-A-Coruña

O home acusado de ameazar cun coitelo á súa ex parella e de agredila tras entrar pola forza na súa vivenda, aceptou hoxe unha condea de un ano e medio de prisión e pagar unha indemnización de 1.500 euros á vitima, tralo xuízo celebrado na Audiencia Provincial da Coruña.

A Fiscalía pedía para o acusado, D.R.R., sete anos de prisión por tres delitos de lesións agravadas, ameazas a violación de domicilio. Según o escrito da acusación pública, os feitos ocorreron na madrugada do 15 de xuño de 2018 cando o acusado e a vítima tiveron unha discusión telefónica que rematou co home ás portas da casa da muller.

Como esta negouse a abrirlle a porta, D.R.R rompeu a pechadura a patadas e logrou entran pola forza na vivenda mentras a muller pedía auxilio. Unha vez dentro, o home colleu un coitelo e agarrándoa polo pescozo ameazouna de morte en reiteradas ocasións. Antes de marcharse e coa vítima aínda inmobilizada, golpeoulle o nariz contra a porta de entrada, facéndolle unha ferida que requeriu de puntos de sutura.

O acusado reconoceu os feitos e aceptou aboar tamén ao Sergas 400 euros polos servizos prestados á vítima. A xuiza impúxolle, ademáis, a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 300 metros durante catro anos e medio. A conformidade entre as partes supuxo a disolución do xulgado popular.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.