Identificadas tres persoas por tirar escombro e restos de poda de xeito ilegal en Narón

As sancións para estes veciños poden chegar ata os 3.000 euros según informou o Concello
escombro-1

Axentes da Policía Local de Narón identificaron a tres persoas que no último mes depositaron escombro e restos de poda dun xeito ilegal, o que supón a xeración de vertedoiros incontrolados. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, informou que unha vez identificados os vehículos nos que transportaban os restos, nalgún caso grazas á colaboración cidadá, localizáronse os infractores, con residencia en Narón e comarca.

“Unha das persoas tirou restos de poda nunha zona verde de Sedes, outra nunha parcela de Río do Pozo e a terceira depositou escombro procedente dunha obra nunha zona da Faísca”, asegurou o edil. O procedemento a seguir nestes casos conleva a apertura dun expediente por parte dos axentes da Policía Local e que nos casos referidos, segundo asegurou Galego, pode conlevar sancións económicas de ata 3.000 euros.

“En función da clasificación da infracción establécese o importe que deberán abonar e a maiores na comunicación que se lles envía infórmase da habilitación dun prazo de quince días para que procedan á retirada dos residuos mentres continúa adiante o expediente sancionador”, explicou. “Dende o goberno local queremos dar as grazas ás persoas que en ocasións son testemuños directos deste tipo de conductas e alertan á Policía Local, porque non sempre é doado localizar ás persoas que realizan estes actos incívicos”, apuntou o edil.

Debido á reincidencia dalgún caso e a falta de concienciación entre algunhas persoas sobre o perigo destas conductas o concelleiro responsable da área de Medio Ambiente avanzou que “estamos analizando a viabilidade de endurecer a clasificación destas infraccións e, na actualidade, xa se está intensificando o control deste tipo de actos que deben erradicarse polo perigo medioambiental que supoñen e por dispoñer de instalacións municipais, como o  Punto Limpo de Río do Pozo donde os particulares poden depositar determinados residuos, xa que as empresas teñen a obriga de xestionalos a través de servizos especializados”, recalcou.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.