Ferrol festexa o Día Internacional da Muller Rural o próximo 15 de outubro

No local social Val de Esmelle representarase a obra teatral "Elas"
555x312_14

O Concello de Ferrol celebrará o Día Internacional da Muller Rural, que terá lugar o próximo 15 de outubro. O programa, baixo o lema ‘Muller rural, muller sen igual’, inclúe a celebración da obra de teatro «Elas», un espectáculo de balde de narración oral a cargo de Vero Rilo e da acordeonista Sonsoles Penadique que conta a historia de tres mulleres en clave de drama e humor.

Terá lugar ás 17.00 horas no local social Val de Esmelle e o obxectivo do goberno local é que cada ano se desenvolva nun local diferente do rural. A intención do Concello é “dar visibilidade á figura da muller rural e darlle o recoñecemento que merece”, explicou a concelleira de Muller, Cristina Prados. Para obter información sobre as entradas é necesario contactar coa Casa da Muller a través do correo electrónico [email protected].

A concelleira tamén deu conta da primeira edición do Concurso de Curtametraxes contra a violencia de xénero ‘Curta coa violencia’, que terá lugar nas próximas semanas. Poderán participar mozos de entre 14 e 30 anos que mostren a súa visión do problema a través do móbil, tableta ou cámara de vídeo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.