Megasa recibirá do Goberno máis de 600.000 euros polas axudas de compensación por emisións de CO2

Galicia convértese na comunidade máis beneficiada con case máis de 13 millóns de euros en subvencións
Megasa
Megasa

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo fixo pública a lista provisional de propostas seleccionadas na convocatoria de 2019 do mecanismo de compensación de custes de emisiones indirectas de gases de efecto invernadoiro, dotada con 61 millóns e que distribuíu a un total de 204 solicitudes. A empresa naronesa Megasa Siderúrxica será unha das dez empresas seleccionadas en Galicia e recibiría algo máis de 643.000 euros.

A industria galega, con 13 millóns de euros, convértese na máis beneficiada pola repartición destas axudas, xa que aglutina o 21,8 % do total concedido en España, seguida por Asturias, con 10,1 millóns, e Cataluña con 9,8 millóns, subliña o delegado do Goberno, Javier Losada, nun comunicado. «Con esta medida, o Goberno cumpre o seu compromiso de apoiar aos sectores industriais e reforzar a competitividade das empresas máis intensivas en consumo de electricidade», engade.

Estas axudas buscan reducir o risco de que algunhas empresas trasladen a súa produción a países de fóra da UE e con políticas ambientais menos ambiciosas (a chamada ‘fuga de carbono’). Para iso, dan permiso aos gobernos europeos para conceder axudas a empresas de sectores nos que isto pode ocorrer, compensando ás firmas polos custos indirectos imputables ás emisións de CO2 que elevan os prezos da electricidade.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.