O Baxi Ferrol iniciou a tempada 20-21 en Liga Feminina 2 da mellor maneira posible, cunha contundente vitoria por 94-29 contra o AD Cortegada, un equipo cunha ampla experiencia nesta competición e con xogadoras bregadas na liga. E fíxoo desde a defensa, que según o adestrador ferrolán Lino López, «vai ser unha das sinais de identidade do equipo este ano». Tanto é así que as visitantes non lograron superar os dez puntos en ningún dos cuartos. A diferencia final de 65 puntos é a maior conseguida na historia polo equipo ferrolán.
A encontro comezou con esta intensidade defensiva que caracteriza ao Baxi desta tempada e con dúas canastas fáciles en transición e un triple de Laura Fernández puxeron un 7-0 no marcador. O Cortegada non soupo aproveitar os únicos minutos de desacerto do Baxi, que de forma case consecutiva perdeu tres balóns e cometeu dúas faltas en ataque. A falta de acerto do Cortegada nese breve impás marcou o resto do partido. As de Lino López empezaron a carburar en ataque cunha espectacular Andrea Boquete que saíu do banco para anotar 7 puntos en apenas catro minutos e deixar un 21-9 no electrónico a favor das ferrolás.
Unha vantaxe que xa non faría máis que crecer ao longo do partido. No segundo cuarto non baixaron os brazos e continuaron exercendo unha presión asfixiante ao equipo arousano, sen permitirlles mover o balón nin facer transicións fáciles. Ademáis, as xogadoras interiores do Baxi, Allen e Aijanen realizaron un grande traballo nos dous lados da pista cos rebotes, permitindo segundas oportunidades en ataque ás ferrolás. Tal foi a intensidade defensiva que o Cortegada só logrou anotar 3 puntos nos primeiros nove minutos deste segundo cuarto, mentres que tres triples en sendos ataques consecutivos de Laura Fernández, Patri Cabrera e Irene Gari a falta de tres minutos para o descanso puxeron un 34-12 que xa pronosticaba o desenlace do encontro.
Unha das grandes protagonistas do partido foi Dynn Leaupepe, que este ano está a despregar un magnífico baloncesto tanto en ataque como en defensa. Tal e como apuntou o propio adestrador do Baxi, a americana está a adoptar este ano un rol «máis propio para o seu xogo», que na anterior campaña non puido realizar por ter que suplir a Marina Delgado trala súa lesión. A xogadora de orixe samoano comezou o cuarto anotando as tres primeiras posesións para incrementar a xa abultada vantaxe cun parcial de 6-0. A falta de catro minutos para o final do cuarto o marcador era de 59-19, 40 puntos de diferencia que aínda ían aumentar no tramo final do partido. A canaria Natalia Rodriguez encargouse de pechar este terceiro cuarto con dous triples nas últimas dúas posesiones do Baxi para establecer un parcial de 21-6 e deixar o 68-21 no marcador.
Lonxe de relaxarse, as xogadoras do Baxi mantiveron a presión ata o final do encontro, fronte a un AD Cortegada mermado física e mentalmente. Anniina Aijanen dominou este último periodo no poste baixo e foise ata os 12 puntos cun 85% de acerto no tiro e Leaupepe rematou o partido con 19 puntos. Tal e como apuntou Lino López ao final do partido, este ano o Baxi está a despregar un xogo máis coral e polivalente grazas a un plantel moi compensado que sabe facer circular o balón. A pivot Jenna Allen foise ata os 25 de valoración e a internacional arxentina Andrea Boquete rematou o encontro con 16 puntos en 19 minutos sobre a pista.
A profundidade do plantel do Baxi parece unha das súas armas máis letais, tanto para impoñer un ritmo defensivo alto e unha presión durante todo o encontro como para anotar. Esta tarde, foron 38 puntos os que anotaron as xogadoras que saíron desde o banco. O próximo rival do Baxi será o Estremadura Miralvalle de Plasencia. O encontro será o sábado 17 ás 18.30 horas.