O Baxi Ferrol xogará a final da Copa Galicia feminina ante o Durán Maquinaria Ensino, despois de vencer esta tarde ao Celta Zorka Recalvi por 79-61 no partido disputado no pavillón A Raña, en Marín. Foi un encontro no que, aos doce segundos do seu inicio, a norteamericana Jenna Allen tívose que retirar por unha pequena escordadura de nocello e no que, no último cuarto, Irene Garí tamén se tivo que retirar por un corte nun ollo, o que lle obrigou a ir a un centro hospitalario para que lle dese uns puntos.
Polo demais, o encontro foi dominado polo cadro departamental que foi por diante en todo momento, salvo no 10-11, a pesar de que coas baixas de Jenna e Suné algunhas xogadoras tiveron que realizar funcións diferentes ao habitual. O primeiro cuarto terminou cun marcador de 19-16.
No segundo parcial, o conxunto ferrolán incrementou a súa renda ata os catorce puntos, cun 49-35, aínda que antes do descanso o seu rival mostrou uns minutos de acerto, para retirarse aos vestiarios cun 41-35, Tras a continuación, o equipo ferrolán continuou controlando a situación, con vantaxes que roldaban os dez puntos, cun maior acerto en ataque e sen que a escuadra viguesa fose capaz de poñerse a tiro, para acabar cun 59-50.
No últimos dez minutos, o BAXI Ferrol castigou ao seu rival cun bo acerto en ataque, cunha Andrea Boquete moi inspirada, o que propiciou que o partido se sentenciase, aumentando a súa renda para terminar cun 79-61, que dá ao equipo ferrolán o pase á final do torneo, que se xogará o 16 de febreiro.