Rescatado un turista accidentado nos cantís de Punta Penencia

Os bombeiros foron os encargados de sacalo, sen feridas de consideración, dunha zona de toxos e silvas onde quedara atrapado
121109726_3447614831989804_5764689697991215825_o

Axentes da Policía Local e da Policía Nacional, en colaboración cos bombeiros de Ferrol, rescataron onte a un turista que sufriu un accidente na zona de Punta Penencia. Arredor das dúas da tarde, a central do 092 recibiu aviso de que un home caera nunha zona de monte baixo e non era quen de saír do lugar. Persoas que se atopaban nas inmediacións escoitárono pedir auxilio e alertaron aos servizos de emerxencias.

Cando chegaron ao lugar, os policías comprobaron que se trataba dunha zona de difícil acceso xunto a un camiño estreito que leva á praia de Lumebó. En compaña de axentes nacionais de de efectivos do Corpo de Bombeiros que tamén acudiron, conseguiron guiar ao home, que non presentaba lesións de consideración. Segundo puido explicarlles, paseaba pola zona alta do monte cando enganchou e rompeu unha zapatilla, o que provocou que se precipitara ladeira abaixo.

Parou nunha mata de toxos e silvas que impediron que amortiguaron a caída, pero desconocía totalmente a zona e o seu teléfono móbil non tiña cobertura. Como non encontraba forma de salir de alí, pediu auxilio a berros e facendo señas cos brazos a unhas persoas que se atopaban nun monte próximo, que foron as que avisaron ao 112.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.