O Speis de Narón auxilia a dúas persoas que durmían sen percatarse dun incendia na súa vivenda

Os bombeiros tiveron que derribar a porta para acceder ao inmoble, que acumulaba unha grande cantidade de fume
IMG-20201012-WA0000

A pasada media noite do sábado os profesionais do grupo de emerxencia de Narón (Speis) puideron salvarlle á vida a dúas personas que estiveron a piques de morrer nun incendio. Todo ocurreu cando un particular alertou á Axega 112 dun posible incendio nunha vivenda da rúa María Pita, en Xuvia, ás 00.18 horas e os profesionais do Speis acudiron ao punto indicado. Unha vez alí advirtiron na porta de acceso signos evidentes de que no interior se estaba xerando unha combustión, ao ver saír fume polo marco da porta.

Ante esta situación os bombeiros de Narón realizaron unha valoración para acceder á vivenda pola fachada, que se descartou por falta de accesibilidade. Atendendo ao risco e ante a imposibilidade de abrir a porta con técnicas non destructivas, deciron derribar a porta de acceso ao inmoble.

Unha vez no interior localízaron o foco do incendio na cociña, sen lume pero cunha gran cantidade de fume que afectaba á práctica totalidade da vivenda. Os profesionais do Speis fixeron un rastreo rápido e nunha das habitacións atoparon a dúas persoas que estaban durmindo e non se percataran do suceso. A habitación na que se atopaban estaba aínda libre de fume. Gracias a esta rápida intervención sacaron ás dúas persoas da vivenda e procederon a ventilala, permitíndolles regresar de novo en canto a zona foi segura.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.