Narón abre o prazo de inscrición para as actividades da Biblioteca Municipal

Serán un contacontos para bebés -"Qué animaliño é?"- e nun Obradoiro para persoas adultas, -"Cómo contar contos?"-
Quien-soy-11-min-e1572535258797

A Biblioteca pública municipal abre a partir desta tarde ás 16.00 horas o prazo para inscribirse no contacontos infantil «Qué animaliño é?» que terá lugar o sábado 17 de outubro ás 11.00 horas, con Trémola Teatro, para bebés de 0 a 3 anos. Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa poidan coñecer os distintos animais. «Qué animaliño é?», é unha obra para bebés que lles fará gozar, comñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, informou de que, así mesmo, a partir do mércores 14 de outubro ás 16.00 horas abrirase o prazo de inscrición nun obradoiro formativo en narración oral, «Cómo contar contos», dirixido a persoas adultas e que terá lugar o mércores 21 de outubro. A través de dinámicas e exercicios as persoas participantes aprenderán as técnicas básicas da narración oral. Taibo animou á participación da cidadanía nestas novas actividades que seguen os protocolos recomendados por Sanidade como prevención da Covid-19.

As inscricións deberán efectuarse no mostrador da sala de adultos/as na Biblioteca pública municipal ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.