O Punto de Información Catastral de Ferrol trasládase ao pazo municipal

O goberno valora que o servizo se preste a través da Dirección Xeral do Catastro e non mediante unha empresa externa como ata agora
catastro ferrol

O goberno local de Ferrol informou hoxe ao resto de grupos municipais de que os servizos que viña ofrecendo o Punto de Información Catastral vanse trasladar ao pazo municipal. O Concello os vai asumir de forma directa e van ser prestados por persoal da Administración local da mesma maneira que se viña facendo ata agora.

O executivo local tamén avanzou que, logo de que rematara o contrato da empresa que viña desenvolvendo estes labores, a súa intención é ampliar a atención ao público do Punto de Información Catastral, para o que se está analizando a posibilidade de prestar o servizo a través da Dirección Xeral do Catastro. Ademais, esta opción sería, en principio, máis económica que a de contratar unha empresa externa.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.