Afundación reactiva as súas actividades nos espazos +60 de Ferrol e Pontedeume

Contarán con todas as medidas sanitarias para garantir a seguridade dos usuarios, especialmente vulnerables pola súa idade
Espazo60-3-1120x684

Afundación, a Obra Social de ABANCA, comeza a partir de mañá, xoves 15 de outubro, no seu Espazo +60 Ferrol (praza da Constitución) e no Espazo +60 Pontedeume (Ferreiros, 20) a actividade e servizos profesionais habituais, que se realizarán adaptados á situación actual baixo un estrito protocolo sanitario. Pódense consultar nesta ligazón á web.

Para levar a cabo a reactivación da actividade ordinaria foi prioritario a creación de Espazos +60 seguros mediante a implantación dunha serie de medidas: reduciuse o número de participantes por actividade e aula; reorganizáronse os horarios e as zonas de entrada e saída dos centros; a ventilación frecuente estará garantida en todos os espazos e aulas entre unha actividade e outra; suprímese temporalmente a realización de actividades que supoñan compartir materiais, o servizo de prensa e revistas en formato papel e os xogos de mesa; o servizo de cafetería permanecerá pechado; e será obrigatorio manter en todo momento a distancia de seguridade recomendada.

Ademais, prohíbese a entrada a aquelas persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19; a quen tivese contacto cunha persoa contaxiada nos últimos 14 días; e ás persoas que viaxasen a zonas de risco nas últimas dúas semanas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.