Adxudicada, por máis de 450.000 euros, a rehabilitación do Pazo de Moscoso no casco vello de Cedeira

A empresa Obras Gallaecia ocuparase da actuación, que pemitirá sumar nosos espazos para os servizos administrativos municipais e unha nova zona verde
pazoMoscoso

A Xunta de Goberno adxudicou á empresa Obras Gallaecia o proxecto de execución da rehabilitación do Pazo de Moscoso. Cun importe de 450.746 euros, a súa foi a oferta mellor valorada entre as cinco que se presentaron ao proceso e supón unha baixa dun 9% respecto ao prezo de licitación, de 496.462,04€ (ambos con IVE incluído). O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, destacou a importancia da actuación pola súa contía e porque “vai significar sumar espazos para o traballo administrativo municipal e, en definitiva, permitirá prestar un mellor servizo á cidadanía”.

Os traballos contratados teñen un prazo de execución dun ano e consisten na restauración das fachadas e do interior do inmoble, garantindo as axeitadas condicións de accesibilidade. En total, a planta baixa, primeiro e segundo andar e o faiado, suman 530 metros cadrados útiles. No baixo, cuns 160 metros cadrados de superficie, irán as oficinas de Servizos Sociais, que actualmente están no Auditorio Municipal e liberarán alí espazos para as asociacións. Tamén se trasladarán aos novos espazos na Casa Avelino as oficinas da Policía Local e de Intervención. Entre o primeiro e o segundo piso haberá oito despachos, mentres que o faiado será aproveitado para almacenaxe e sala de instalacións.

PUBLICIDAD

A situación do edificio, a poucos metros do consistorio, é unha vantaxe cara á veciñanza e tamén para o traballo do persoal municipal. O alcalde, Moreda Gil, destaca tamén que a actuación contribuirá á recuperación da arquitectura do casco vello, sacando ao edificio da súa situación de abandono. “Este proxecto vai ser un avance na posta en valor do conxunto histórico da vila e na recuperación da súa grandeza”, destacou.

Nesta liña, o proxecto contempla a colocación dun panel, á entrada do pazo, no que se ofrecerá información sobre a historia do inmoble, cuxa construción primixenia data do século XV. Para o coñecemento da historia da casa, sinalou o alcalde, o Concello contou coa colaboración do cronista oficial de Cedeira, Rafael Usero

A obra inclúe a actuación no terreo anexo ao inmoble para convertilo nunha zona verde de uso público, con acceso desde a rúa Ferrol.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.