Valdoviño activa programa de prevención da violencia sexual dirixido aos alumnos de Secundaria

"#AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual" se desenolverá no CPI Atios ao longo da mañá deste martes día 20
ED78PxPWkAA3p0t

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, activará mañá martes 20 de outubro o programa «#AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual» na Casa da Cultura. Unha actividade enfocada ao alumnado de Educación Secundaria do CPI Atios de Valdoviño, que acudirá ao longo da mañá en 14 grupos con participación reducida no marco das políticas de prevención fronte á covid-19.

Así mesmo, a través do stand que acompañará o proxecto a veciñanza en xeral, seguindo a mesma política de redución de aforo e garantizando as distancias interpersoais, poderán recibir información sobre o mesmo.

O stand permanecerá na Casa da Cultura entre as 10 e as 15 horas e a campaña está organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade, coa colaboración do Concello.

As actividades previstas xirarán en torno aos estereotipos de xénero, o establecemento das relacións socioafectivas os mitos do amor romántico e os mecanismos das multiples manifestacions da violencia machista.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.