‘Jauría’, a obra de teatro baseada nos feitos a partir da transcrición do xuízo de «A Manada», chega ao Pazo da Cultura de Narón o próximo sábado 24 de outubro -ás 20.00 horas- baixo a dirección de Miguel do Arco.
Tres da madrugada do 7 de xullo de 2016. Festas de San Fermín. Eles son cinco. Son A Manda. Tras cruzarse cunha moza no centro de Pamplona, os cinco de “A Manada” ofrécense para acompañar á moza ata o seu coche, aparcado na zona do souto de Lezkairu, pero, no camiño, un deles accede ao portal dun edificio e chama ao resto para que acudan. Agarran á nova e métena no portal.
Dramaturxia a partir da transcrición do xuízo realizado á Manada, construída integramente con fragmentos das declaracións de acusados e da denunciante. Unha ficción documental a partir dun material moi real, que nos permite viaxar dentro da mente de vítima e victimarios. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados.
Un caso que remove de novo o concepto de masculinidade e a súa relación co sexo na nosa sociedade. Un xuízo que marca un antes e un despois.
Entradas
As entradas poden comprarse aquí ou na billetería do Pazo de luns a xoves de 09:00 a 13:30 horas e 17:30 a 19:00 horas e os venres de 09:00 a 13:30 horas. O prezo de 14 euros para o público en xeral e 9.80 euros para abonados, desempregados, ou beneficiarios do Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos).