Os socialistas levan a crise ambiental do río Eume ao Parlamento Europeo

O eurodeputado Nicolás González Casares denunciou ante a Comisión Europea o “deixamento da Xunta de Galicia”
08rio-07-nov-2020

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares denunciou ante a Comisión Europea o “deixamento da Xunta de Galicia”, que leva case dúas décadas de atraso na aprobación do plan de xestión do parque natural das Fragas do Eume, “unha das xoias naturais de Galicia”.

Nunha pregunta escrita dirixida ao executivo comunitario, González Casares, que é membro da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo, lembra que hai máis de 20 anos que o Goberno galego declarou ás Fragas do Eume parque natural, e que xa entón dábase un prazo de dous anos para realizar un plan xestor que aínda “non foi redactado nin aprobado”.

O eurodeputado denuncia que desde entón o parque “sufriu gravísimos incendios forestais”, como o de 2012, e que hai poucos días a Xunta declarou o estado de emerxencia pola turbidez das augas do Eume e cortou a subministración de auga á poboación.

González Casares apunta ademais que o atraso na aprobación dos plans específicos de xestión dos parques integrados na Rede Natura xa deu lugar á apertura dun procedemento de infracción, que “ata o de agora, non serviu para corrixir a situación”.

Por iso, pregunta á Comisión Europea se coñece esta situación, se se dirixiu ao Goberno galego para preguntar sobre este problema, e cales son os pasos que prevé para corrixir estes incumprimentos.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.