A Xunta implantará desde este xoves o nivel 2 de alerta en toda Galicia

Isto implicará a limitación das reunións a un máximo de 5 persoas tanto de forma privada como na vía pública e a reducción dos aforos a un 50% nos establecementos comerciais e de hostalería
gente paseando centro ferrol magdalena

O comité clínico da Xunta de Galicia reuniuse este martes para analizar as medidas que se poderían adoptar para frear o avance do coronavirus ante o aumento significativo dos casos activos na meirande das áreas sanitarias e en case tódolos grandes concellos galegos.

Trala reunión, a Consellería de Sanidade vén de anunciar que establecerá a partir deste xoves o nivel 2 de alerta en todo o territorio galego, o que suporá importantes restriccións para a movilidade e para o día a día de tódolos cidadáns.

Entre outras medidas, se aplicará a limitación de aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería –onde estará prohibido o consumo en barra–.  Ademáis se reducirían tamén os aforos ao 50% en bibliotecas, academias, autoescolas e centros de ensino non regrado.

Unhas das medidas que causará maior impacto é que o nivel 2 implica a limitación dun número máximo de 5 persoas tanto en reunións privadas como na vía pública, ademáis de redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Todas estas medidas, que se publicarán mañá no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor dende as 00.00 horas do xoves.

Esta decisión podería tomarse na mesma semana que o Goberno central valora establecer un toque de queda en todo o territorio nacional na franxa horaria de 00.00 a 06.00 horas, tal e como deslizou esta tarde o propio ministro Salvador Illa.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu que, antes de pronunciarse sobre se ve oportuno un toque de queda para todo o país, é preciso clarificar cal sería o alcance desta medida, é dicir, se afectaría só o peche na franxa nocturna de actividades económicas ou se tamén se limitaría o dereito dos cidadáns para saír na rúa. «Se sabemos a que se refire, quizais nalgúns lugares, en función da incidencia, sexa unha boa práctica», dixo.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.