O Concello de Pontedeume presentou onte ao alumnado do CEIP Couceiro Freijomil a aplicación de realidade aumentada ‘Camiñando polo Pontedeume Medieval’. Unha aplicación para teléfonos móbiles que a través das mesas interpretativas e peanas ubicadas na Alameda de Raxoi, Torreón dos Andrade, Igrexa de Santiago e a ponte de Pedra achéganos ao patrimonio arquitectónico da vila, podendo coñecer a súa evolución durante os sete séculos e medio de histora.
Con este proxecto, os usuarios poden recrear esceas do Pontedeume medieval da man de Margery Kempe, primeira peregrina do Camiño Inglés da que se ten constancia documental. Esta aplicación xa está dispoñible na App Store e Google Play e pódese atopar buscando «Time Trip Pontedeume» ou mediante o enlace: http://xoia.es/url/ttpontedeume
