Cabanas resolve as axudas a persoas autónomas afectadas pola Covid-19

Presentáronse un total de 21 solicitudes e todas elas recibirán os 600 euros de axuda destinados a curbir gastos correntes
cabanas (5)

O Concello de Cabanas vén de resolver o procedemento de axudas postas en marcha dentro do plan “Activar Cabanas” de medidas de promoción económica para paliar as consecuencias da crise económica derivada da pandemia da COVID-19.

Presentáronse a estas axudas un total de 21 persoas autónomas e pequenas empresas, e todas elas percibirán un importe de 600 euros, que estarán destinados a cubrir gastos como o alugueiro do local no que desenvolven a súa actividade, correr cos gastos de xestoría, de cotas á seguridade social ou nóminas de persoas empregadas por conta allea, entre outras.

“O obxectivo desta liña de axudas posta en marcha polo goberno local é contribuír a manter o emprego e a actividade económica en Cabanas, nunha situación complicada polas restricións derivadas da pandemia”, indicou o tenente alcalde e responsábel da área de promoción económica, Iago Varela.

A medida forma parte do plan de reactivación económica “Activar Cabanas”, unha iniciativa da que tamén formou parte a campaña de promoción do consumo e comercio local “Merca en Cabanas”, na que participou a práctica totalidade do comercio e hostalería locais.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.